
A auga é un recurso custoso xa que que ten que ser captada, potabilizada, canalizada e bombeada, e, para non alterar o medio ambiente, ser depurada tras o seu uso e antes de volver á natureza. A nosa auga ten un prezo, pero tamén un valor incalculábel que nos chama a facer un uso responsábel.
En Galiza o consumo de auga non para de medrar. Nos últimos anos este consumo incrementouse nun 9%, un dos aumentos máis altos da península, onde a media foi do 2,4%.
Pola billa dos fogares galegos saen a diario uns 152 litros de auga por persoa ao día, algo que está moi lonxe do que demandan algunhas entidades ecoloxistas e gobernamentais: uns 60 litros por persoa e día, serían suficientes para unha vida digna. Se a esta cifra lle sumamos a auga destinada a outros usos, das que todos e todas gozamos, rego de xardíns, limpeza de rúas, etc, o cómputo incrementaríase. Por outra banda, Galiza é unha das comunidades do Estado cun menor valor unitario da auga, uns 0,78 euros por metro cúbico; a media estatal é un 20% máis cara.
Consuma só a auga que necesite e intente non contaminala. Manteña unha actitude de respecto co medio ambiente usando racionalmente a auga ondequeira que estea.
Na casa
Na terraza e xardín
Non tire nunca…
Medicamentos. En contacto coa auga poder afectar á saude e ao medio ambiente. Leve os medicamentos caducados ou sobrantes á farmacia.
Cigarros en pequenas concentracións. Os cigarros conteñen nicotina e alquitrán que son contaminantes. Tire as cabichas ao lixo unha vez estean ben apagadas.
Residuos sólidos. Os plásticos, compresas e preservativos, poden obstruír as tuberías e afectar á entrada de auga residual nas depuradoras. Coloque un pequeno contedor no cuarto de baño para tirar residuos sólidos.
Aceites, pinturas e disolventes. O aceite doméstico, o aceite de motor usado e a pintura son algúns dos elementos máis contaminantes da auga. Leve os restos a un punto limpo.