Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
ROTEIROS VERDES
05/04/2011 A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago, dirixida pola nacionalista Elvira Cienfuegos, abre o prazo para inscribirse na 4ª edición do programa de divulgación e de educación ambiental Vive a Primavera!, que ten como obxectivo poñer en valor os espazos naturais de Compostela.
Espazos vivos
Compostela Viva > Espazos vivos > CIPX da Alameda

O CIPX da Alameda

Situado na entrada da Alameda, no inicio do Paseo da Ferradura ou Paseo dos Leóns, o  Centro de Interpretación de Parques e Xardíns, polo seu lugar privilexiado, é un excelente punto de información para a cidadanía de Compostela e para os e as visitantes. No tempo que leva aberto o Centro forneceu información aos composteláns e compostelás e a xente procedente dos máis variados lugares: de Xapón ou Veneuela, de Inglaterra ou Arxentina, de Francia, Alemaña, Portugal e por suposto, de Galicia e das distintas comunidades do Estado; xentes que se interesan por determinados parques ou miradoiros, que buscan equipamentos concretos, que demandan material divulgativo, que procuran a identificación de determinados exemplares botánicos ou que se interesan pola oferta de actividades nos parques ou sobre os parques, entre outras motivacións.

No Centro fornécese información variada relativa as distintas  zonas verdes,  sobre algunhas das cales existen materiais escritos, algúns orientados a facilitar roteiros autoguiados como os relativos ao río Sarela, río Tambre, parque da Granxa do Xesto, parque do Monte da Almáciga,..

Desde o Centro promóvense visitas guiadas para grupos; en primavera e outono,  predominan as destinadas a escolares, en verán as de público variado. Entre as máis solicitadas están as visitas á Alameda e a algun dos tramos do río Sarela.

O propio Centro é utilizado como sede ou referencia para actividades de contido ambiental de pequeno formato: charlas, obradoiros, contacontos, …

O CIPX funciona como aula de interpretación dos zonas verdes de Compostela
 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal