Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
Destínanse 8.000 €
29/07/2010 O boletín oficial da provincia da Coruña publicou na súa edición do 28 de xullo as ‘Bases para o outorgamento de subvencións para plantacións forestais en montes do Concello de Santiago’ polas que se destinan 8.000 euros para contribuír a sufragar as plantacións forestais por particulares e asociacións realizadas durante o ano 2010.
Espazos vivos
Compostela Viva > Espazos vivos > Declaración Ambiental

Declaración Ambiental

O Concello de Santiago de Compostela, consciente da importancia do desenvolvemento sustentábel na sociedade, adopta o compromiso de levar adiante a xestión do departamento de Parques e Xardíns e as actividades que deste deriven, co máximo respecto co entorno e procurando a preservación dos recursos naturais.

Para a consecución deste reto, estabelecese a seguinte política ambiental aumindoa en todo momento co obxecto de que sirva de referencia fundamental no desenvolvemento, implantación e mantemento do seu Sistema de Xestión Ambiental.

Esta política baséase nos seguintes puntos:

  • Asumir os compromisos de mellora continua e prevención da contaminación, no desenvolvemento das nosas actividades de xeito que se minimicen os impactos ambientais e estabelecendo obxectivos e metas ambientais que o garantan.
  • Garantir o uso racional dos recursos naturais e previr a contaminación, mediante a aplicación de programas ambientais e a implantación das medidas necesarias para reducir os efectos ambientais directos e indirectos xerados e minimizar os riscos ambientais asociados.
  • Asegurar o cumprimento da lexislación vixente e vinculante de caracter ambiental e doutros requisitos non legais aos que o departamento de Parques e Xardíns se someta, en todas as actividades e instalacións.
  • Comunicar a política a todo o persoal do departamento de Parques e Xardíns e posta a disposición do público en xeral.
  • Formar, sensibilizar e involucrar en materia ambiental ao persoal, atendendo ao seu nivel de responsabilidade e á actividade desenvolvida, proporcionándolle os coñecementos precisos e os medios técnicos que permitan a implantación e a observancia das boas prácticas ambientais.
  • Fomentar a participación cidadá e o coñecemento dos valores ambientais das zonas verdes do Concello de Santiago de Compostela
  • Trasladar aos contratistas e provedores os principios asumidos de mellora continua, prevención da contaminación, cumprimento da lexislación vixente, comunicación e sensibilización, así como difundir e pór a disposición da cidadanía os principios xerais da xestión ambiental municipal.
 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal