
O 19 de xuño remata o prazo de concesión de uso das hortas municipais habilitadas no Parque de Belvís plo que, consonte co disposto na “Ordenanza reguladora do uso de hortas municipais constituídas en espazos públicos e do outorgamento das súas autorizacións de uso” (BOP núm. 112 do 16/04/2008), a concelleira que subscribe propón á Xunta de Goberno Local a adopción dos seguintes acordos:
1. Segundo o disposto no artigo 4 da Ordenanza, establecer como prazo para formular as solicitudes de renovación autorización das concesións de uso o comprendido entre o 18 e o 31 de maio ambos inclusive. As persoas que na actualidade teñen concedida a autorización de uso poderán solicitar nese prazo a renovación da concesión por un período de 2 anos para o que enterán que entregar no Rexistro Municipal a solicitude que figura no ANEXO I
2. Establecer como prazo para fomular as solicitudes para a formación da nova lista de agarda o comprendido entre o 18 e o 31 de maio, ambos inclusive. Os/as solicitantes de novas concesión de uso deberán entregar no Rexistro Municipal a seguinte documentación:
- Instancia na que se solicita formar parte da lista de agarda das Hortas de Belvís e pola que se autoriza ao Concello a comprobar de oficio que a persoa solicitante está dada de alta no padrón municipal (ANEXO II).
- DNI do/a solicitante
- De ser o caso, documento acreditativo da condición de persoa xubilada ou prexubilada.
3. Nomear a Comisión encargada de avaliar as solicitudes formuladas para a lista de agarda e que estará formada por:
Presidenta:
- Elvira Cienfuegos López
Vogais:
- José Antonio Mosquera Rodríguez
- Gregorio López Albardonedo
Secretario:
- Ángel Pérez Otero