Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
Iniciativa de ADEGA
25/09/2009 A Concellaría do Medio Ambiente apoia e colabora na campaña de sensibilización sobre a importancia de non utilizar os ríos como depósito de residuos que impulsa ADEGA. Medio Ambiente realiza unha limpeza periódica dos ríos Sar e Sarela a través da empresa concesionaria do tratamento e xestión das augas de Compostela Aquagest.
Espazos vivos
Compostela Viva > Espazos vivos > Parques e xardíns

Parques e xardíns

Alameda

Iniciado no século XIX, componse de tres partes ben diferenciadas: o paseo da Alameda, a carballeira de Santa Susana e o paseo da Ferradura. Interesante pola variedade de especies arbóreas, polas súas edificacións (capela de Santa Susana, Igrexa do Pilar, quiosco da música, banco acústico..),  esculturas, fontes, miradoiros...

Belvís

Situado na valgada de Belvís está rodeado de muros e presidido por edificios históricos como o convento de Belvís e o seminario Menor. Abrangue unha antiga curtiduría, hoxe en vías de transformación en Centro de Interpretación Ambiental. Con áreas diferenciadas, nel atópanse os novas hortas de Belvís, un espazo de cultivo hortícola para o uso da cidadanía, especialmente das persoas maiores.

Granxa do Xesto

Espazo para o lecer nas abas  do monte Pedroso,  con pequenos lagos alimentados por auga de minas. Conta con 3 km de paseos, parque infantil, diversos elementos deportivos e unha tranquila cafetería con boas vistas sobre toda a cidade.

San Domingos de Bonaval

Nel se atopa o Centro Galego de Arte Contemporáneo e o Museo do Pobo Galego, aloxado no que foi convento medieval. Ademais do antigo cemiterio, conta con fontes, canles e pequenos alxibes. O arboredo histórico confírelle un interese botánico, a engadir aos valores culturais do Parque.

Música en Compostela

O río Corvo forma nel un fermoso estanque que xunto co Auditorio de Galicia estruturan o parque. Destaca, pola súa altura e cor, a escultura surrealista do artista galego Eugenio Grannell. Cunha gran variedade de vexetación, ten ademais  boas vista da cidade histórica de Santiago.

Vista Alegre

Chamado tamén Finca Simeón polos antigos, conta cunha casona tipo colonial que hoxe se chama “Casa Europa” e é aloxamento de académicos universitarios. Neste parque tamén se atopa o Centro de Estudios Avanzados, a escola de Estudios Musicais e a sede en Galiza da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Contén árbores froiteiras (maceiras, pereiras, laranxeiras, figueiras...,) e ornamentais (palmeiras, camelias, araucaria,...) e unha carballeira.

Eugenio Granell

Atópase na Pontepedriña, na zona coñecida como o Paxonal. É un dos parque mas extensos da cidade. Atravesado polo río Sar, ten dous miradoiros que permiten fermosas vistas da cidade. Conta cunha extensa carballeira e un vello bosque de ribeira moi ben conservado.

Galeras

Zona verde creada nun entorno natural no que conflúen os ríos Corgo e Sarela, dispón de parque infantil, pista polideportiva e pista para xogar a chave.

Carballeira De San Lourenzo

Carballeira centenaria situada no Campus Sur o lado do Pazo de San Lourenzo, dende a carballeira accedese o paseo do Sarela, dispón de un parque infantil.

Paseo Do Sarela

Paseo na ribeira do río Sarela. O tramo comprendido entre o Parque de Galeras e Ponte Sarela, está pavimentado. Está sinalizado un roteiro pola beira do río de 7,2 km no que ademais deste espazo natural atópanse numerosos elementos patrimoniais do pasado: muíños, curtidoras, pontes...

Brandía

Entorno natural no río Sar onde finaliza a ruta do Sarela, hai un paseo pola beira do Sar, tamén un xardín formal no edificio rehabilitado como Centro Sociocultural de Brandía. Pistas polideportivas.

Constitución

Illa verde no ensanche de Compostela situada a carón do Parlamento de Galicia, un lugar fresco e sombreado no verán, a pesar do seu pequeno tamaño, con unha dotación de servizos exemplar: parque infantil, pistas e rampas para patinar e un circuíto de aparatos para facer exercicio.

Ramirez

Parque infantil con filosofía de zona verde, está estruturado en areas de xogos por idades, ten un interesante deseño no que as zonas verdes están elevadas sobre paredes vexetais.

Monte da Almáciga

Situado nun dos puntos mais altos da cidade, entre a súa frondosidade existen zonas con vocación de mirador da zona vella. A distribución do parque sérvese da pendente natural do monte para crear os diferentes ambientes, entre eles un pequeno estanque e unha cascada de auga.

Fermín Bouza Brei

Vagoada frondosa, con riqueza de especies arbóreas, está formada polo río Corgo que neste tramo vai por unha canle. Pistas deportivas.

Carlomagno

Prados en socalcos nunha ladeira de gran extensión, orientada cara a posta do sol. É un lugar alto con vistas e dous grandes paseos para camiñar e correr, un deles pola cima e outro entre sophoras e hortensias pola parte baixa.

Salgueiriños

Novo espazo verde na zona norte, o río Corgo fai pequenos estanques con vexetación acuática o paso polo parque. Circuíto biosaludable, parque infantil e pistas deportivas.

Luís Pasín

A topografía do terreo con taludes e desmontes, entre os que se integra un fermoso areeiro con xogos infantis, caracteriza esta zona verde, para os maiores hai pistas de baloncesto e fútbol sala.

Pozo Da Neve

Situada nun pequeno outeiro, aproveita a topografía do terreo para o deseño de estancias e camiños rodeados unicamente de azaleas de flor branca, dispón de parque infantil.

Avenida De Barcelona

O outro lado do campus Sur, chama a atención tanto o modelado do terreo deste parque como a arquitectura das novas construcións da Avenida de Barcelona, ten un parque infantil no alto.

San Lázaro

Grandes zonas verdes, nas aforas da cidade que dan a benvida a Compostela ós peregrinos do Camiño Francés aquí situase o Pazo de Congresos e un parque infantil.

Pablo Iglesias

Espazo verde urbano, rodeado de edificios residenciais, comparte o Acueduto de Ponte Mantible con ese parque co que limita. Ten espazos pistas de deportivas e un parque infantil.

Xixón

Situado nunha das entradas a zona vella, pola que se accede a praza do obradoiro, o parque dispón de areas de repouso, pistas de deportivas e parque infantil. Entre o arborado, xa adulto, hai unha aliñación de cerdeiras de flor. O lado do parque, dende a Dársena de Xoán XXIII, hai vistas do monte Pío e o Pedroso.

Ponte Mantible

O acueduto de Ponte Mantible da nome o parque, por este chegaba auga para as fontes da cidade, o río Corgo discorre polo parque.

Urbanización Compostela

Parque de barrio situado nun pequeno coto, dispón de pistas municipais de tenis e unha aliñación de árbores que o illan das rúas.

San Caetano

Nas inmediacións dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, este zona verde situada nas dúas beiras da da rúa, ten especies de árbores de grande tamaño. Situase nela a igrexa de San Caetano.

Máis información

Paneis informativos de 16 espazos verdes urbanos (Optimizado para imprimir a tamaño A3. Descargar (pdf, 7,7 Mb).

Máis información

Planos dos espazos verdes urbanos (Optimizado para imprimir a tamaño A4. Descargar (pdf, 6,5 Mb).

Máis información

Folleto Granxa do Xesto. Descargar (pdf, 1,4 Mb).

Máis información

Folleto Monte da Almáciga. Descargar (pdf, 1,4 Mb).

Máis información

Folleto Parque de Brandía. Descargar (pdf, 1,22 Mb).

 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal