Patrimonio natural e cultural
08/06/2011 Santiago é o punto de partida. O Museo do Pobo Galego acolle a primeira das montaxes. Inaugúrase o mércores 8 de xuño ás 20 horas e permanecerá aberta ata o día 26. Despois partirá rumbo a Ibiza/Eivissa.
Enerxía
19/05/2011 A Fundación “La Casa que Ahorra” (FLCQA) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) convocan o citado programa para sensibilizar á sociedade sobre a importancia da eficiencia enerxética na edificación
A cidade fermosa
11/05/2011 As Concellarías de Cidade Histórica e de Parques e Xardíns abren o prazo para participar no III Concurso de Balcóns con Flores na Cidade Histórica.
Resíduos
28/04/2011 O Concello de Santiago abre unha nova convocatoria para aqueles veciños que queiran facer uso dos composteiros para reciclar como abono o seu lixo orgánico. Repartiranse uns 50 recipientes, sumándose aos máis de 500 que xa foron repartidos nos fogares composteláns dende que se puxera en marcha a iniciativa en 2003.
07/04/2011 A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago, dirixida pola nacionalista Elvira Cienfuegos, abre o prazo para a adxudicación de 33 autorizacións para a ocupación de espazos nas terrazas de Belvís, destinadas a exercer a actividade de exposición, intercambio e venda dos produtos no mercado “Entre Lusco e Fusco” que se celebra nas tardes dos martes nas terrazas do Parque de Belvís.