Concello de Santiago Compostela Viva
Novas

Novas

CONCURSO DE BALCÓNS DA CIDADE
Mario Piteira da rúa Entre Murallas foi o gañador
08/07/2009 O I Concurso de Balcóns, organizado polas concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica, dirixidas polas nacionalistas Elvira Cienfuegos e Olga Pedreira, xa ten gañadores. O 1º Premio, recibiuno o balcón da Rúa Entre Murallas 10, de Mario Piteira. O premiado recibirá diploma e materiais de xardinería por valor de 200 €.

Olga Pedreira e Elvira Cienfuegos dan conta do fallo do xuradoO 2º Premio foi para o balcón da Rúa San Paio de Antealtares 22, de Anxeles González Porto, que tamén recibirá un diploma e materiais de xardinería por valor de 100 €. Xa o 3º Premio correspondeu ao balcón da Praza do Toural 1, 1º de Rafael Romero, que tamén terá o seu diploma e materiais de xardinería por valor de 50 €  

En relación co premio do público, as concellerías do Medio Ambiente e de Cidade Histórica agradecen a participación a todas as persoas que se sumaron a esta primeira experiencia de votación a través da web e ao tempo pedir desculpas a quen emitiron o seu voto e quedou sen contabilizar por un fallo na aplicación informática.

Baseándonos nos votos que quedaron rexistrados o premio do público corresponde ex-aequo aos seguintes balcóns:

  • Rúa do Vilar, 68, 1º presentado por Turismo Santiago.
  • Rúa de San Pedro, 23, 2º, presentado por María de Gádor Navarro López


Concurso de Balcóns

O Concurso quixo chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos da Cidade Vella. Por iso, premiáronse a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns. Para facilitar a ornamentación dos balcóns, a organización distribuíronse de balde diferentes tipos de plantas.

Os participantes puideron remitir as fotografías dos seus balcóns á organización, ou solicitar da mesma que se encargara da súa realización. As fotografías estiveron expostas na web do Concello www.santiagodecompostela.org nunha microweb específica do Concurso, na mesma onde se puido votar o balcón máis fermoso.

 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal