Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
02/07/2010 A Concelleira de Medio Ambiente, a nacionalista Elvira Cienfuegos, xunto co Xefe de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, e o técnico de Medio Ambiente, Ángel Pérez Otero, participan esta semana na xuntanza ordinaria do Comité de Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-Parkatlantic en Angers.
Participación
Compostela Viva > Participación > Axenda 21 Local

Axenda 21 Local: Plan de Acción

O Plan de Acción é un Programa de Actuación Municipal definido a curto, medio e longo prazo co obxectivo de que o Concello camiñe cara a sustentabilidade local.

Unha vez coñecidos os resultados do diagnóstico final (debilidades, fortalezas,...), é necesario planificar a actuación municipal baseándose nuns obxectivos e liñas estratéxicas definidas e nuns sistemas de prioridade.

O Plan de Acción estrutúrase do seguinte xeito:

  • Liñas estratéxicas: grandes eixos previsíbeis para a mellora ambiental local e a progresión cara a un modelo de desenvolvemento sustentábel.
  • Programas de actuación: agrupados en cada liña estratéxica, responden aos diversos obxectivos que pretende acadar a primeira.
  • Proxecto: reflicten as actuacións concretas que é necesario realizar para acadar o obxectivo de cada Programa de Actuación.

Obxectivo central

A sustentabilidde do concello de Santiago defínese por un obxectivo central, que sintetiza as características fundamentais e singulares da zona como modelo de desenvolvemento sustentábel no futuro, e por un conxunto de liñas estratéxicas que enuncian o sentido integrador de cada unha das agrupacións básicas de proxectos ou accións estratéxicas que permitirán acadar o devandito obxectivo central.

Defínese o obxectivo central como aquel marco cara onde se pretende dirixir o sentido do desenvolvemento sustentábel do concello. Neste caso o obxectivo que mellor representa este escenario é:

Consolidar Santiago a partir da súa diversificación socioeconómica, compatíbel coa calidade do medio ambiente e a sustentabilidade dos seus recursos, xunto cunha mellora das súas infraestruturas e servizos que permita mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e o seu papel como eixo vertebrador das poboacións do seu contorno e como capital de Galicia.

Para a consecución do obxectivo central proposto, identificamos tres liñas estratéxicas:

  • Garantir a calidade e cantidade dos servizos ambientais municipais, redución da contaminación e promoción do aforro e eficiencia no uso de recursos.
  • Turismo sustentábel e diversificación económica baseada nos recursos propios e mellora da cualificación empresarial e investidora.
  • Planificación territorial e mobilidade sustentábel no medio urbano e rural.

 

A Axenda 21 Local que garantir a diversificación socioeconómica de Compostela e facela compatíbel coa calidade do medio ambiente e a sustentabilidade dos seus recursos e a mellora da calidade de vida dos seus habitantes
 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal