Resumo das reunións
2 de Febreiro de 2010
- Presentación das últimas publicacións da Concellería de medio Ambiente: libro Patrimonio natural. Cidades Patrimonio da Humanidade, tríptico árbores senlleiras da Alameda, despregábel Itinerario Verde Urbano.
- Información sobre actuacións executadas póla Concellería ou en distinto grao de execución: equipamentos nos parques, restauración da Selva Negra, Monte de Deus e Finca do Espiño, reparación dos muros de S. Domingos de Bonaval, ampliacións e melloras nas redes de abastecemento e saneamento, musealización do CIAC,....
- Información sobre Plan de Mobilidadade Urbana Sostible, sobre Plan Especial de Brañas de Sar e sobre a nova Lei de Augas de Galicia
19 de xaneiro de 2010
- Presentación das propostas para actuacións da Concellería de Medio Ambiente a financiar cos FESL: restauración río Corgo en Salgueiriños, cuberta no parque de Galeras, Itinerario Verde Urbano, redes de auga en Ulpiano Villanueva.
- Información do proceso de restauración da Selva Negra,
- Presentación do avance dos proxectos de restauración das ribeiras do rio Sarela e de Monte de Deus, incluídas no USN.
- M Isabel Fraga, autora e coordinadora, presenta a Guia Verde de Compostela, recén editada.
21 de outubro de 2009
- Presentación das bases da Estratexia Verde para Santiago de Compostela a cargo de Albert Cuchí, coordenador do grupo de traballo da Estratexia Verde.
21 de xaneiro de 2009
- Presentación do Plan estratéxico da cidade de Santiago polo seu director Luís Caramés Vieitez.
- Informase da integración do Concello de Santiago na Rede Galega de Concellos pola sustentabilidade e da obtención da certificación EMAS para o departamento de Parques e Xardín.
- Designase como vicepresidente ao representante da asociación ecoloxista ADEGA a proposta dos grupos ecoloxistas.
24 de xuño de 2008
- Presentación da revisión da segunda parte do Plan de Acción: exposición dos programas de actuación das liñas estratéxicas 2 e 3, unha vez incluídas as modificacións pertinentes coas propostas recibidas dos Departamentos Municipais e dos membros do Consello.
13 de febreiro de 2008
- Presentación da revisión da primeira parte do Plan de Acción: enunciado das tres liñas estratéxicas do Plan e dos programas de actuación da liña estratéxica 1.
Recóllense as propostas de:
- Juventina Mareque Seoane –Asociación veciñal «Coto da nai» de Aríns– no nome da FERUSA (Federación de Asociacións do Rural).
- Adega, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
- Ramón Varela Díaz, experto en temas ambientais.
- Tussa, Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago.
- Incolsa, Turismo de Santiago; Información e comunicación local, S.A.
12 de decembro de 2007
- Presentación do Diagnóstico Ambiental do concello de Santiago de Compostela.
- Solicitude de propostas de accións e/ou proxectos para a revisión do Plan de Acción da A21L. Entrega dunha ficha modelo.