Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
A CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE LIDERA PARKATLANTIC
29/03/2010 Este proxecto está liderado pola Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe a nacionalista Elvira Cienfuegos, e nel participan como parceiros a Mairie d’ Angers (Francia); Mid-West Regional Authority (MWRA areas of Counties Clare, Limerick & North Tipperary and Limerick City) (Irlanda); Communauté d'agglomération Pau-Pyrénées (Francia) e Câmara Municipal de Porto (Portugal).
Sustentabilidade
Compostela Viva > Sustentabilidade > Aforro enerxético

Aforro enerxético

De mudarmos hábitos de consumo e de pormos en práctica medidas concretas poderíase aforrar un 30% da factura enerxética. Cada familia gasta unha media anual de 1.300 euros, dos que a metade os leva o gasto do automóbil e o restante consómese no fogar. O aforro podería chegar aos 390 euros por ano.

Calefacción e auga quente

  • A calefacción supón case a metade do consumo enerxético do fogar. Cada grao que aumentas supón un aumento do 7%.Apaga os radiadores nas habitacións que non uses.
  • Lembra facer revisións anuais da caldeira,  mellorarás o seu rendemento e seguridade.
  • Unha temperatura recomendábel é a de 18-20 graos polo día, baixando a 14-17 graos pola noite. Algúns modelos consideran os 15 graos a posición económica.
  • O mellor sistema de calefacción na casa é un bo illamento, dobre cristal, persianas sen fendas, etc.
  • Pechar persianas evita perdas de calor pola noite.
  • Pechar as billas á hora de ducharse, afeitarse, e lavar a boca aforra auga e enerxía.
  • Un sistema de acumulación de auga quente é máis eficiente que o de produción instantánea.

Electrodomésticos

  • Os aparellos etiquetados coa clase A, aforran enerxía e cartos.
  • Merca aparellos axeitados ás túas necesidades: se che abonda cun frigorífico de 100 litros non merques un de 300 litros.
  • Non introduzas alimentos quentes no conxelador. Para desconxelar pasa os alimentos ao frigorífico: gañarás frío nesa zona.
  • A lavadora en carga completa aforra enerxía e auga. Se ten programa de media carga mellor.
  • Lavar en auga fría gasta un 80-85% menos enerxía que en auga quente. Para secar non esquezas que o sol é gratis e ecolóxico.
  • Co lavalouzas pasa outro tanto: mellor en carga completa e a temperatura baixa.
  • O aparello de música, o televisor, o computador, etc, apagados co mando pero co piloto vermello aceso seguen a consumir enerxía (o chamado consumo fantasma). Procura apagalos no interruptor.
  • Se tes varios aparellos deste tipo xuntos, podes conectalos todos a bases de conexión múltiple con interruptor. Así, cando apagues o interruptor apagarás todos os aparellos. Este aforro estimouse nuns 40 euros anuais.
  • Ao cociñar, procura que o fondo de potas e tixolas sexa superior á fonte de calor para aproveitala mellor. As potas a presión aforran enerxía e tempo. As potas tapadas durante a cocción consomen menos.

Máis información

En Fogares verdes. Caderno da auga e da enerxía pode atopar máis información sobre o ciclo enerxético e os tipos de enerxía, a chuvia ácida, o cambio climático e o efecto invernadoiro. Descargar (pdf, 1.253 Kb).

 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal