Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
Compostela exerce de anfitrioa desta primeira reunión
08/04/2010 Esta mañá constituíse en Santiago o Comité Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic, proxecto no que ademais de Compostela participan as cidades do Porto, Angers, Limerick e Pau.
Sustentabilidade
Compostela Viva > Sustentabilidade > Axudas para plantacións forestais

Axudas para fomentar as plantacións forestais

A Concellaría do Medio Ambiente ten dúas liñas de axuda para o medio forestal, unha orientada a facilitar o cumprimento da Lei 3/2007 de prevención e defensa de incendios forestais, no que fai á xestión da biomasa no contorno de núcleos urbanos, e outra, para a plantación de determinadas especies forestais, co obxecto de aumentar a biodiversidade e mellorar a paisaxe

As dúas subvencións son compatíbeis entre si e tamén con outras para a mesma finalidade se a suma non supera o gasto realizado na execución das accións. Non se colaborará na subvención das rozas cos mesmos propietarios que accederon a mesma subvención o ano anterior. Unha vez rematadas as accións deberán ser comunicadas ao Concello que  procederá á súa inspección.

Axudas para plantacións forestais

Co obxectivo de potenciar a actividade forestal, aumentar a biodiversidade e mellorar a paisaxe, poderán ser subvencionadas as plantacións de carballo, bidueiro, castiñeiro, nogueira, cerdeira, ameneiro e carballo americano. Serán plantas de, como mínimo, 50 centímetros de altura e deberán poñerse en parcelas de cando menos 500 metros cadrados de extensión, respectando as distancias mínimas e as densidades de plantación especificadas nas bases.

A contía subvencionada é de 3 euros por planta, agás no caso do carballo americano que é de 1,5 euros por planta. A axuda a un único interesado ou unidade familiar poderá alcanzar como máximo os 900 euros.

BOP do 28 de Xullo de 2010 no que se recollen as Bases para o outorgamento de subvencións para plantacións forestais en Santiago nas páxinas 84-88 (1 Mb)

Modelo de solicitude de axudas para as plantacións forestais (34 Kb)

Axudas ás rozas e talas

Poderán optar ás axudas as asociacións veciñais e particulares que sexan propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias dun terreo forestal incluído en áreas de especial protección dos núcleos de poboación, edificios ou urbanizacións situados a menos de 400 metros do monte. Tamén se inclúen as novas urbanizacións e edificacións en zonas de alto risco de incendios.

Para acceder a estas axudas hai que realizar os traballos preventivos que diminúan a carga e a continuidade do combustíbel vexetal mediante a realización de rozas (mecanizadas ou manuais) de xeito selectivo, respectando os cultivos agrícolas e as especies vexetais protexidas pola lexislación vixente. Estas actuacións haberán de executarse,  tal como  establece a Lei 3/2007, nunha franxa de 100 metros arredor de calquera edificación, urbanización, obras ou instalacións industriais ou eléctricas situadas a menos de 400 metros do monte.
A Concellaría do Medio Ambiente de Santiago subvenciona ata un máximo do 80 por cento dos gastos xustificados, estabelecéndose un prezo máximo de 288 euros/hectárea para a roza mecanizada subvención máxima en 230 euros/hectárea) e de 800 euros/hectárea  (subvención máxima de 640 euros/hectárea) para a roza manual –cando non sexa posible facela con maquinaria pesada.

 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal