Concello de Santiago Compostela Viva

   Novas

Máis novas
Iniciativa de ADEGA
25/09/2009 A Concellaría do Medio Ambiente apoia e colabora na campaña de sensibilización sobre a importancia de non utilizar os ríos como depósito de residuos que impulsa ADEGA. Medio Ambiente realiza unha limpeza periódica dos ríos Sar e Sarela a través da empresa concesionaria do tratamento e xestión das augas de Compostela Aquagest.
Sustentabilidade

Enerxía

Defínese tradicionalmente a enerxía como a capacidade de realizar un traballo; é, por tanto imprescindible para todos os fenómenos que teñen lugar no Universo, incluíndo o funcionamento dos seres vivos e o desenvolvemento das sociedades humanas. Nestas, a parte da dos músculos propios, a primeira forma de enerxía que se utilizou foi o lume, usado para obter calor e para cociñar, para escorrentar animais ou obter terras para labourar e mesmo para producir luz. A utilización de animais para o transporte tamén é moi antiga. Algo posterior é a utilización do vento para a navegación ou para muiños, para os que tamén se utilizou a enerxía da auga. Despois da revolución industrial iníciase o uso do carbón e do petróleo, representando este último un cambio significativo nos sistemas de transporte.

Na actualidade a maior parte da enerxía que se consume no mundo procede dos combustibeis fósiles, pero esta situación non se pode manter: son recursos esgotabeis que ademais producen un forte impacto ambiental ( mesmo de consecuencias planetarias, pola súa relevante contribución ao cambio climático). Por outra parte, o consumo actual é moi desigual: estímase que unha cuarta parte da humanidade consume tres cuartas partes da enerxía e un tercio non ten acceso á electricidade.

Imponse xa que logo un novo modelo, baseado no aforro e na mellora da eficiencia enerxética, que incorpore as enerxías renovábeis e que contemple os efectos ambientais dunhas e outras.

Máis información

En Fogares verdes. Caderno da auga e da enerxía pode atopar máis información sobre o ciclo enerxético e os tipos de enerxía, a chuvia ácida, o cambio climático e o efecto invernadoiro. Descargar (pdf, 1.253 Kb).

 
© Concello de Santiago. Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel. Aviso Legal